Translate

05/03/21

Cerveza, Múnic, Baviera, Alemania





Se queres ver as fotos pincha aquí

Alemaña é un dos países máis consumidores de cervexa e tamén un importante produtor. 

A cervexa alemá máis popular é a pilsner, cun 70 por cento do mercado no norte de Alemaña. Unha de cada catro cervexas en Baviera é unha lager pálida chamada helles, seguida de preto pola pilsner e a típica cervexa de trigo bávara coñecida como weissbier. 

A cervexa é, na gastronomía alemá, un acompañamento natural dalgúns pratos, deste xeito en moitas especialidades bávaras non se entende o prato sen un tipo especial de cervexa (como no caso das cebolas ao estilo Bamberg que se toman cun Rauchbier. 

 As variedades de cervexa alemá son innumerables (uns 5.000 tipos diferentes de cervexa), cada cidade ten o seu propio estilo e non é raro atopar cervexa artesanal nalgunhas cidades, ou incluso clubs cunha longa tradición de elaborar cervexa ao seu estilo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario