Translate

27/03/21

Pazo de Nymphenburg Múnic, Alemaña



Se queres ver as fotos pincha aquí

Este pazo ten un parque de aproximadamente 800.000 m² que foi feito orixinalmente ao estilo italiano (1671).  

Cando foi expandido e redecorado por Dominique Girard, discípulo de Le Nôtre, adoptou un estilo francés, para finalmente ser redeseñado a principios do século XIX por Friedrich Ludwig von Sckell ao estilo inglés.  

Conservou os principais elementos dos xardíns barrocos, como o gran parterre.  O parque está cortado en dous por unha canle ao longo do eixo que leva do palacio á fervenza de mármore (decorada con figuras de pedra de deuses gregos) no oeste.  

Hai dous lagos a ambos os dous lados da canle.  O Dörfchen (Pequena Aldea) creouse baixo o reinado de Maximiliano III a semellanza da Vila da Raíña.  El Salettl (1799) é unha casa de campo cun pequeno xardín preto da antiga reserva de animais que serviu de atracción para os fillos de Maximiliano IV.

Ningún comentario:

Publicar un comentario