Translate

26/02/21

Múnic 1, Alemaña




Se queres ver as fotos pincha aquí. 

A cidade de Múnic foi fundada por Henrique o León, duque de Baviera e Saxonia.

 Despois dun incendio, a cidade foi reconstruída polo emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.  Durante a Guerra dos Trinta Anos, o rei de Suecia tomou a cidade.

 Despois da vitoria alemá na guerra franco-prusiana, dirixida por Otto von Bismarck, Baviera e con ela Múnic pasaron a formar parte do imperio alemán.

Múnic (en alemán München) é a capital do estado federal de Baviera e a terceira cidade de Alemaña por número de habitantes. 

É tamén a cidade alemá onde máis empresas están no índice de accións DAX, sendo a rexión un importante motor económico das industrias financeiras, tecnolóxicas, automotivas e de servizos. 

A cidade está situada no río Isar, ao norte dos Alpes bávaros. O lema da cidade é München mag Dich (Múnich gústache). 

O seu nome, München, deriva de Munichen, do alto alemán antigo, que significa "no lugar dos monxes". O nome da cidade vén dos monxes beneditinos que fundaron a cidade; de aí que haxa un monxe no escudo da cidade. As cores oficiais da cidade son o negro e o ouro, cores do Sacro Imperio Romano Xermánico, desde a época de Luís IV de Baviera.

Ningún comentario:

Publicar un comentario