Translate

17/04/20

Far de Caballería, Menorca


Se queres ver as fotos pincha aquí.

Inaugurouse en 1857. Nesa zona costeira producíronse desde o século XIV, máis de setecentos naufraxios. A pesar da axuda que supuxo a colocación deste faro, seguiron producíndose algúns naufraxios de importancia o que motivou a construción dos Faros de Favaritx e Punta Nati.



O faro de Cavalleria é un dos faros máis peculiares de Menorca. Está situado no punto máis setentrional da illa, o cabo de Cavalleria, e pódese chegar en coche a través dunha estrada estreita. 
O faro sitúase sobre uns cantís, de máis de 40 metros de altura, as vistas son espectaculares. Pode verse a Illa de Porros desde este emprazamento. 
Á beira do faro de Cavalleria, atópase unha pequena cova de uns 15 ou 20 metros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario