Se queres ver as fotos pincha aquí.
A Idade de Pedra é un período da prehistoria ao cal se lle coñece baixo ese nome por ser o período no cal os seres humanos comezaron a utilizar primitivas ferramentas fabricadas con pedra.
Durou aproximadamente uns 2,5 millóns de anos, e terminou aproximadamente fai uns 5000 anos, cando os humanos no Próximo Oriente comezaron a traballar co metal, fabricando tanto ferramentas como armas coa aliaxe de bronce, dando así comezo á Idade de Bronce.
Os artefactos fabricados durante a Idade de Pedra proporcionan moitos datos ás persoas antropólogas sobre a humanidade máis primitiva, incluíndo a maneira na que facían as cousas.
Nesta Idade de Pedra usábanse ferramentas primitivas de pedra para poder cortar, triturar, moer, curtir, raspar, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario