Translate

10/04/20

Binibeca, Menorca


Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Binibeca é unha área costeira situada ao sueste da illa de Menorca, en Baleares. Atópase a 5 km da capital do termo municipal, San Luís, e a 8 km ao sur da capital insular, Mahón.

De oeste a leste, está situada entre Cap d'en Font e Biniancolla.
 
Binibeca tamén é un poboado de pescadores que foi creado en 1972 polo Ministerio de Información e Turismo.

É un dos lugares máis transitados da illa de Menorca, debido á beleza dás súas  casas brancas e encaladas, e ás súas rúas estreitas formando un labirinto. 

Binibeca é un poboado con casas habitadas, nas rúas labirínticas e estreitas hai que gardar silencio, como recordan os frecuentes anuncios, dadas as molestias que os ruídos proporcionan aos habitantes do poboado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario