Translate

29/02/20

Atapuerca, vivenda prehistorica


Se queres ver as fotos pincha aquí.

No Mesolítico atopáronse estructuras de pedra que claramente pertencen a vivendas, como chemineas e pavimento, o que suxire que o resto da vivenda estaba feita de elementos orgánicos.

Nesta época documéntase a vivenda sobre palafitas en poboados construídos moi preto das beiras dos ríos e lagos.

 No Neolítico xeneralízase a vivenda artificial e sitúase en lugares facilmente defendibles, e que non sexan superficie agrícola útil.

A agricultura obriga á sedentarización da poboación preto dos lugares bos para a agricultura.

Adoitan ser vivendas dunha ou dúas estancias, de planta circular, elíptica ou cadrada. O muro de peche adoita ser de pedra sen labrar ou adobe mentres que o teitume é de elementos orgánicos, ramas, palla, etc.

Nas comunidades agrícolas ademais de vivenda existiron edificios específicos para gardar o gran e a colleita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario