Translate

15/02/20

Atapuerca, a morte na prehistoria




Se queres ver as fotos pincha aquí.


As persoas da prehistoria preparaban aos seus defuntos para a vida no máis aló. Para eles, a morte era todo un acto de reflexión e conciencia, que implicaba a inquietude de transcendencia e a unha mentalidade relixiosa.

Xeralmente os enterros eran individuais, con todo, atopáronse grupos de ata vinte individuos enterrados xuntos.

No Neolítico, por exemplo, a partir do oitavo milenio a. C. as sepulturas colectivas fóronse impoñendo, sendo situadas en zonas afastadas das aldeas, o que podo ser un indicio dos primeiros cemiterios.

 No ritual funerario escavábanse fosas onde os mortos eran enterrados con parte das súas pertenzas.

Á súa vez, o ocre foi un elemento que tivo unha participación importante nos enterros. Ademais de ser usado para escorrentar aos insectos, este era considerado para adornos, como pintura corporal, e mesmo se pensaba que tiña un carácter simbólico.

 Un aspecto interesante dentro destes rituais é a postura e orientación dos cadáveres. No Mesolítico parece dominante a posición estendida (sobre todo en Europa); no Neolítico a fetal ou flexionada e na Idade de Bronce é variada, pero os vestixios máis representativos sinalan que a postura máis común era a estendida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario