Translate

22/02/20

Atapuerca, Materiais da pintura rupestre



 Se queres ver as fotos pincha aquí.

As pinturas prehistóricas estan feitas con pigmentos de orixe vexetal como o carbón vexetal, de fluídos e refugallos corporais como as feces, compostos minerais como a hematita, a arxila e o óxido de manganeso, mesturados cun aglutinante orgánico: resina ou graxa.

Usaban canas para aplicar a pintura ou pinceis moi rudimentarios, tamén aerógrafos primitivos, ou mesmo as mans.

Como lapis usábanse ramas queimadas e bólas de colorante mineral aglutinadas con resina.

Ás veces aproveitábanse desniveis e fendas da parede para dar a sensación de volume e realismo.

A miúdo as siluetas animais marcábanse ou raspaban para xerar incisións e así producir un contorno máis realista e notorio na roca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario