Se queres ver as fotos pincha aquí.
Se queres ver o vídeo pincha aquí.
Peratallada é un pobo medieval, cheo de pedra e madeira con xeranios nas xanelas, polo que parece non pasar o tempo. Foi declarado Conxunto Histórico-Artístico polo seu alto nivel de conservación, esta poboación creceu ao redor do castelo, conserva a esencia medieval.
O nome do pobo pode proceder do feito de que ao redor das murallas había un foxo tallado na pedra viva, do que podería proceder o nome, de ‘pedra tallada’, pero tamén podería aludir ás entalladuras niveladoras do terreo sobre as que se asentan parte das murallas ou algunhas casas antigas.
Precisamente, o recinto amurallado foi construído entre os séculos XI e XVII. Ainda permanece o citado foxo, que rodea todo o centro histórico.
Os principais monumentos de Peratallada son a igrexa de San Esteban, románica, do século XII, e o castelo (séculos XII- XIV).
Ningún comentario:
Publicar un comentario