Se queres ver as fotos pincha aquí.
Se queres ver o vídeo pincha aquí.
O Castelo de Vimianzo, situado no núcleo urbano da localidade, foi construído a finais do século XII.
En 1467 as tropas dos Irmandiños asaltaron o castelo e derrubárono por completo, ata os alicerces, e liberaron a os habitantes das terras da xurisdición, repartidas entre os concellos de Camariñas, Laxe, Zas, Muxía e o propio Vimianzo, do terror da xustiza feudal.
Mais tarde a irmandade foi derrotada e os labregos obrigados a reconstruír o castelo pedra por pedra.
Todos os anos, no mes de xullo, ten lugar unha festa popular en conmemoración do "asalto ao castelo" levado a cabo polos irmandiños.
Desde 1994 está declarado Ben de Interese Cultural.
Sufriu numerosas reformas ao longo da súa existencia, e desde finais do século XX a Deputación da Coruña acondicionouno para a súa visita, de acceso libre.
No seu interior alberga hoxe un centro de interpretación sobre a historia do castelo, e unha mostra de artesanía en vivo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario