Se queres ver as fotos pincha aquí.
Se queres ver o vídeo pincha aquí.
O Castelo de Vimianzo é unha das atraccións artesáns e culturais máis interesantes da bisbarra. Nel traballan unha serie de artesáns e artesás que lle dan vida ao castelo.
O Centro de artesanía en vivo permite asomarse aos obradoiros, e observar a labor dos vellos e novos oficios ou facerse cunha peza única. Unha experiencia difícil de atopar noutro lado.
Deste modo a artesanía convértese en Vimianzo nunha das principais aliadas para romper coas rutinas museísticas e ampliar a experiencia cultural da visita.
O concello de Vimianzo é o responsable da xestión das actividades do Castelo e incentiva un programa artesanal ao longo de todo o ano: exposicións, encontros, demostracións e outras actividades, realizadas sempre en colaboración coas traballadoras e traballadores artesáns que teñen na fortaleza de Vimianzo o seu obradoiro e principal punto de venda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario