Translate

30/12/16

Castelo de Santa Cruz



O Castelo de Santa Cruz está situado no Concello de Oleiros. Enclavado nun illote da ría da Coruña ao cal se accede por unha pasarela peonil de madeira. Foi declarado Ben de Interese Cultural. 


A illa conta ao seu arredor cun paseo litoral dende o que se pode ver A Coruña,  Santa Cruz e o seu pequeno porto, este foi un dos máis importantes de Oleiros entre os séculos XVI a XVIII.

O ataque da Armada inglesa, baixo o mando de Sir Francis Drake no 1589, puxo de manifesto a necesidade de afianzar o sistema defensivo do porto da Coruña. dado que era o Castelo de San Antón o único baluarte de defensa do porto da Coruña. 


Comeza a construción desta fortaleza no S. XVI do na illa de Santa Cruz, enfronte da cidade da Coruña. En 1640 remátanse as defensas e dotase con distintas pezas de artillería.
O sistema defensivo da Coruña, queda formado polos Castelos de San Antón, Santa Cruz, e un terceiro, o Castelo de San Diego, hoxe desaparecido


Posteriormente o Castelo de Santa Cruz foi abandonado e no S. XIX mércao D. Xosé Quiroga, marido de Emilia Pardo Bazán, quen mandou construír un pequeno pazo de verán

O compromiso ambiental do concello de Oleiros levouno a mercar este Castelo e, xunto con Consellería de Medio Ambiente, Universidade da Coruña e o propio Concello de Oleiros, puxeron en marcha o CEIDA. Como sede do CEIDA, o Castelo de Santa Cruz acolle actividades de formación, divulgativas, de cooperación, exposicións, etc. e tamén alberga o Centro de Documentación Domingo Quiroga, especializado en temática ambiental.



Se queres ver as fotos pincha

Ningún comentario:

Publicar un comentario