Para facer un castelo humano é preciso ter desenrolado os sentidos do equilibrio, da solidariedade, tranquilidade e músculos adestrados.
Os grupos de persoas que levan a cabo os Castellers denomínanse Collas, que significa: agrupació, ajuntament, amassament, atropament, concentració, munió, reunió, trobada.
Esta Colla realiza unha pirámide humana, o máis estable posible, uns encima doutros e, así, chegar o mais alto, ao son da música "dels Graellers" (conxunto de persoas que tocan varias Grallas, instrumento de vento, acompañados de percusión), que serve de guía aos Castellers.
O "castell" ten como base un grupo grande, e compacto, de persoas, sobre esta base levántase o castelo que pode estar formado por pisos de tres ou catro persoas, ata o último, que se chama "anxeneta" ou "acotxador" que normalmente é un neno ou nena, que leva un casco por seguridade, algúns dos castelos vanse erguendo, literalmente, dende a base, podemos imaxinar a dificultade e esforzo que esta forma de castelo representa .
Os Castellers valóranse pola altura en pisos e polo número de persoas que forman cada piso o éxito consiste en montalo e desmontalo sen que se derrube. Algúns castelos chegaron a alcanzar nove pisos.
O vestiario dun "casteller" é unha camisa de cor, cada colla ten unha cor distinta, co escudo da "A Colla", pantalón branco, faixa negra, alpargatas ou descalzos e un pano.
"A Díada Castellera" - é unha actuación dunha ou máis "Collas" diante de público e adoita facerse na praza do Concello ou a rúa máis emblemática da cidade onde se organiza, neste caso tivo lugar na Praza da Vila de Gracia, Barcelona.
Os Castellers toman nomes como: "Els Xiquets", "Els Bordegasos", "Els Marrecs", "Els Ganxets", "Els Miyons", "Els Capgrosos", "Els Ganapies", etc.. e despois engadir o nome da cidade de onde son orixinarios. existen unhas 60 "Collas Castelleras" en case toda a xeografía catalá.
Tamén hai "Collas" en Valencia e Mallorca.
Os Castellers representan toda unha metáfora do sentido colectivo do pobo catalán, do necesario esforzo para conseguir as metas propostas e da necesaria fe que teñen en si mesmos para lograr unha sociedade libre, colectivista e independente ao mesmo tempo que solidaria entre eles e co resto do mundo, confío en que o pobo galego dea pasos adiante neste sentido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario