No Campo de Areosa, en Vimianzo, tivo lugar a XVII Rapa das Bestas o domingo 19 de xullo.
A Rapa dás Bestas é unha festa tradicional e cultural. As persoas entran en contacto con bestas e cabalos salvaxes para dominalos e cortarlle as crinas, isto realízase no curro, despois de que, á madrugada, un conxunto de persoas subiran ao monte, dirixidos polo bestilleiro, e acurralaran ao gando cara este curro, espazo pechados onde reúnen ós animais e que dispón dunha bancada onde se sitúan as persoas que gostan de contemplar como un conxunto de persoas se confrontan a estes animais.
Pablo Pereira, experimentado aloitador, e amante dos equinos, ten manifestado que tiña máis medo das persoas que destes animais.
A este curro acudiron aloitadores/as de Pontevedra, Lugo e outros lugares, que se sumaron aos do lugar, varias mozas sumáronse ao grupo rapador, composto por unhas 25 persoas, que se introduciron no curro para cortar ás reses as súas crinas.
A rapa tivo lugar sen danos a rapadores/as nin aos équidos. Ao día seguinte os exemplares volveron libres aos seus espazos de pastoreo, xa desparasitados e coas crinas peladas. A Asociación Cabalar do lugar conseguiu recuperar a cabana cabalar de Monte Faro, que desaparecera fai un lustro pola falta de rendibilidade e os ataques dos lobos. Na manada que regresou ao monte van quince potras para seguir coa recría.

Xa a principios do século XVIII se teñen noticias da primeira celebración festiva da baixa das bestas do monte a súa rapa e o marcado dos poldros novos. Manuel Cabada recolle nos seus escritos, que a tradición é moito máis antiga e incluso podería ser prerromana posto que se atoparon diversos petróglifos na zona, onde se representan a persoas sobre cabalos.
Música: Luvas Verdes
Ningún comentario:
Publicar un comentario