Os Muíños do Picón e do Folón están situados no Rosal (Pontevedra)
Este conxunto de muíños están establecidos en dúas ladeiras do monte, Campo Do Couto, entre os lugares de Martín e Picón, aproveitan a caída de auga do río Cal, que forma os regatos Picón e Folón, que dan nome ao conxunto destes muíños, e que son afluentes do río Carballas-Tamuxe.
Estes muíños están consolidados e en bo estado de conservación, o máis antigo data de 1700, este percorrido ao longo deles é empinado pero moi curto, no percorrido atopamos pequenas pontes e pasos de pedra, regatos de auga e conxuntos moi fermosos.
Hai, tamén, unha rota de sendeirismo, ben sinalizada, que discorre pola a zona.
Na parte máis alta do percorrido hai unhas vistas interesantes do monte de Santa Tegra e da parte final do río Miño, asi como do val do Rosal.
É de resaltar o aproveitamento da enerxía hidráulica que supuxo a construción e disposicións destes muíños, uns seguidos dos outros, onde a mesma auga movía todo un conxunto deles, a trabes dunha canalización característica, o desnivel entre eles é duns 175m.
Tamén podemos imaxinar o traballo que tubo que supoñer o transporte do grao e da fariña por estas paraxes empinadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario