Translate

30/01/16

Salinas de Ulló, Vilaboa


  Salinas de Ulló. As persoas utilizaron o sal dende a antigüidade. Xa os fenicios coñecían as súas propiedades e comerciaron con ela. 
Os romanos tamén tiñan explotacións ao longo da costa galega. 
O uso do sal sempre foi importante para o transporte e conservación de moitos alimentos.
A extracción do sal do mar estendeuse ata os nosos días.

En Vilaboa existen os restos dunhas salinas do século XVII que foron restauradas na primeira década do século XXI. 
A zona onde se atopan estas salinas denominase Ulló ou Ullóo, de aí o nome de Salinas de Ulló.
Os Regos Tuimil e  Villil desembocan na baía da Ensenada de San Simón formando unhas marismas de auga salgada de baixo nivel. Cando sobe a marea as terras baixas inúndanse pasando a formar parte de ría. Esto motivou que en 1637 se crearan estas salinas. 

Constan de varios diques que conteñen as augas salgadas. O dique que pecha a baía ten unha lonxitude de case 340 m e 3m de alto. 
Estaba provisto de pequenas comportas que permitían o paso da auga durante a preamar e cando se cerraban retíñana na enseada e nas marismas.
Alí, mediante o proceso de desecación solar conseguíase que os cristais de sal contidos no auga do mar quedaran depositados na superficie da marisma e poder recollelos.
Os primeiros que explotaron estas salinas os Xesuítas de Pontevedra en 1694, estiveron en uso ata o século XX.
Cara ao Oeste sitúanse as ruínas das edificacións da Granxa das Salinas, edificio de finais do S XVIII e principios do XIX, utilizado pola servidume e os donos das salinas.Dispoñía de diversas dependencias para a manipulación do sal e outros produtos.



No século XIX aproveitase o Dique da Ensenada das Salinas de Ulló para construír muíños de mareas. Hoxe tan só se conservan os diques onde se levantaba o edificio que albergaba a maquinaria para a moenda do gran. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario