Unha escura lenda indica que o nome ven do rastro que deixaba o sangue dos condenados ao garrote vil e que eran executados á vista de todos neste lugar.
Tradicionalmente a actividade comercial céntrase en artigos que non se comercializan nos mercados e establecementos clásicos como mercancías vellas e raras, rarezas e obxectos diversos. Hoxe no rastro podemos atopar roupa e obxectos de primeira man sen usar.
Existen rúas e prazas onde predominan certo tipo de mercadorías, como exemplos hai zonas de venta de: paxaros, pintura, revistas, cromos, estampas, roupa de segunda man, libros, roupa underground e accesorios, artigos de ferretería e un sin fin de obxectos variados.
O cantante Patxi Andión fixo famosa unha canción nos 70 sobre o rastro de Madrid, co refrán: "Unha dúas e tres unha dúas e tres o que vostede non queira para o rastro é".
No Rastro de Madrid aínda se poden ver chulapos vendendo barquillos e algunha anciá tocando o organillo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario