Translate

25/06/21

Igrexa de San Pedro de A Rúa, Lizarra (Estela) Nafarroa


Se queres ver as fotos pincha aquí

A igrexa de San Pedro da Rúa en Estella (Navarra) está situada fronte ao museo Gustavo de Maeztu, onde hai unha escaleira que leva á parte dianteira deste monumento. 

Nos seus capiteis e arquivoltas atopamos unha decoración de carácter vexetal, xeométrico e figurado.  Nas xambas das portas unha figuración de orixe clásica e tipo escatolóxico, cunha serea, centauro, arpías e grifóns.

O interior presenta formas construtivas orixinadas do último cuarto do século XII, de cando se conserva a cabeceira do templo.  As naves son do século XIII e a fiestra gótica de tracería, situada no muro norte da igrexa, no seu primeiro corpo e dentro da torre, do século XV.  

O claustro, de planta cadrada e do que só se conservan as galerías occidental e norte, está datado arredor do ano 1170. Os seus capiteis, de primeira orde en canto a calidade escultórica, acollen as mans de diferentes artistas que nos amosan a importancia do Camiño de Santiago na difusión de novas formas estéticas, como formas simbólicas de animais (arpías, sereas aladas, esfinxes) e vexetais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario