Translate

18/06/21

Igrexa de San Miguel, Lizarra (Estella)


Se queres ver as fotos pincha aquí 

A data máis antiga que fai referencia á obra primitiva lévanos ao ano 1145. A igrexa actual, de tres naves, pertence a un románico tardío, do último cuarto do século XII, da que destaca a súa cabeceira con triple ábsida semicircular.  

No cruceiro hai unha torre construída en ladrillo, obra realizada entre 1710 e 1718. Dúas portas dan acceso ao edificio, a do lado da Epístola é moi sinxela.  

A portada do Evanxeo é a auténtica xoia deste edificio é do románico tardío, de finais do século XII.  

Móstranos como un gran grupo, formado por cinco columnas a cada lado, que soportan capiteis historiados, sobre os que discorre unha cornixa sobre a que se levan as arquivoltas, flanqueada no exterior por unha moldura decorada con bestiario e alegorías de vicios e acolle un tímpano con Cristo en Maxestade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario