Translate

20/11/20

Fontibre Nacemento do río Ebro Cantabria


 

Fontibre é unha localidade do municipio da Irmandade de Campoo de Suso. O nome Fontibre fai referencia ao nacemento do río Ebro, deriva do latín Fontes Iberis («fontes do Ebro»),  xa é citado por Plinio o Vello cando o sitúa nas proximidades da cidade romana de Julióbriga

Agora sábese que a orixe principal das augas do río Ebro son as do río Híjar, segundo investigacións realizadas polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España realizadas en 1987, á súa vez o río Híjar nace no circo de pico Tres Mares a 1.880 m de altura. 

Gran parte do caudal deste río fíltrase no subsolo, augas abaixo, en Paracuelles a pouco máis de 800 m do manancial de Fontibre, para rexurdir máis abaixo, no Pilar de Fontibre.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario