Translate

10/07/20

Poboado Talaiótico de Torretrencada, Menorca


 Se queres ver as fotos pincha aquí

Torretrencada é un poboado que data do 1000 – 700 a. C., habitado ata as postrimerías do imperio romano (123 ANE). O centro atención é a taula de aproximadamente tres metros, un santuario cerimonial en forma de T, taula significa mesa en catalán, que se mantivo ergueito 3000 anos. Este destaca pola pilastra traseira, unha columna vertical de reforzo na parte posterior que lle outorga unha beleza destacable respecto a os seus semellantes na illa.

Otro dos restos que podemos atopar no poboado é o alxibe, un depósito de pedra destinado a almacenar auga potable. Con posterioridade á época talayótica, construíuse un pozo, pero aínda resta visible a disposición orixinal das pedras que canalizaban a auga de choiva.

Tamén temos sepulturas antropomórficas escavadas sobre pedra, das que se especula que poderían pertencer ao medievo.

Covas naturais modificadas na prehistoria e unha sala hipóstila, un recinto sostido por columnas, que permanece asolagado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario