Translate

05/07/20

Poblado Talaiotico de Torrellafuda, Mallorca


 Se queres ver as fotos pincha aquí.

Este poboado caracterízase, entre outros elementos, pola muralla ciclópea. Posúe unha altura considerable e unha anchura que rolda os tres metros. Aínda poden apreciarse tres das portas de acceso, dúas delas posúen corredores cubertos con grandes laxas. 
 
Pola súa banda, o talayote de Torrellafuda áchase bastante deteriorado na súa parte superior. Ten unha sección troncocónica e planta absidal. Desde a parte máis alta da torre domínase unha gran extensión de terreo, dada a súa localización estratéxica. 
 
O recinto de taula foi o edificio relixioso do poboado, esta atópase boas condicións. 
 
Unha das covas de enterramento posúe planta globular. Construíuse picando as rocas. Tamén poden contemplarse habitacións e un hipoxeo destinado a inhumacións colectivas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario