Translate

15/05/20

Far punta Nati


Se queres ver as fotos pincha aquí

Situado no Cabo de Punta Nati, no extremo noroeste de Menorca, a visita ao faro móstranos unha  paisaxe árida e agreste, característica da costa norte da illa, un territorio que acusa os embates de fortes ventos de tramontana durante os meses de inverno, que modelan figuras esculpidas na rocha e que limitan o crecemento da vexetación, composta por tan só unhas pequenas matogueiras de baixa altura.

Deseñado polo enxeñeiro Mauro Serret, as obras do faro de Punta Nati, coñecido tamén como Farol Nova, comezaron o 5 de Julio de 1912, sendo equipado coas instalacións e a tecnoloxía máis modernas da súa época.  

Nas inmediacións do faro atópanse os restos dunhas curiosas construcións de pedra de forma circular, erixidas polo bando republicano durante a guerra civil como observatorio e para montar unhas baterías militares. Tras quedar obsoletas as súas funcións militares, os gandeiros da rexión comezaron a utilizalas como refuxio en días de tormenta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario