Translate

02/02/19

Torre de Hércules

Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí


A Torre de Hércules é o faro romano máis antigo do mundo e o único que se conserva en servizo. Construída sobre a segunda metade do século I ANE, polo arquitecto de Coimbra Gaio Sevio Lupo, a súa luz foi dende sempre un punto de referencia para os navegantes.

O revestimento exterior actual é do século XVIII, obra de Eustaquio Giannini.

A Torre de Hércules está situada na costa norte da península da Coruña, nun outeiro duns 50 metros de altitude.

Nos seus arredores encóntrase o Parque Escultórico da Torre de Hércules.

Unha lenda recollida na Crónica Xeral de Alfonso X o sabio, no século XIII, conta que existía nestas terras un xigante chamado Xerión que tiña aterrorizados a todos os seus habitantes. Acode en axuda Hércules, fillo do deus Zeus que se enfronta ao xigante durante tres días. Hércules vence e mata a Xerión, córtalle a cabeza e sobre ela manda construír unha torre conmemorando a súa vitoria.

Dise que a primeira persoa en habitar esas terras xa libres foi unha muller chamada Crunna, que daría nome á nova cidade.

Desde 1448 no escudo da Coruña aparecen representadas a Torre de Hércules e a caveira do tirano Xerión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario