Se queres ver as fotos pincha aquí
Se queres ver o vídeo pincha aquí
A illa de San Simón pertence ao concello de Redondela, Preside a enseada de San Simón, no extremo interior da Ría de Vigo. A illa está unida á illa de Santo Antón por unha ponte. O conxunto de ambas as illas mide 250 metros de longo e 84 de largo. Ademais existen outros dous pequenos illotes, San Bartolomé e San Norberto.
Ao longo da súa historia a illa foi empregada como mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos. O seu conxunto está catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1999.
A illa foi un antigo centro monástico cantado polo poeta Mendinho na Idade Media.
Sediam'eu na ermida de San Simón
- e cercaronm'as ondas, que grandes son,
- eu atendend'o meu amigo,
- eu atendendo'o meu amigo...
Foi escenario da batalla de Rande en 1702, cando navíos de Países Baixos e de Inglaterra unidos pola guerra de sucesión contra a coroa de Castela; trataron de asaltar a Frota de Indias cargada coas mercadorías de case 3 anos
Durante a ditadura franquista os edificios da illa foron empregados como campo de concentración e de exterminio para os presos políticos contrarios ao réxime, na súa maioría provenientes das zonas próximas coma Vigo, Pontevedra, Ourense e Vilagarcía de Arousa, tamén houbo presos de Asturias, León ou do País Vasco. Estímanse que ao redor de 6.000 persoas foron encarceradas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario