Se queres ver as fotos pincha aquí.
Se queres ver o vídeo pincha aquí.
As rúas estreitas da parte antiga do pobo, desembocan na igrexa de Sant Salvador, situada no extremo deste acantilado, onde se acha un dos varios miradores que ten a vila, as vistas dende calquera deles son privilexiadas.
Castellfollit da Roca é unha das portas de entrada ao Parque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa.
O barrio vello está situado sobre un acantilado basáltico formado por dúas coadas de lava superpuestas. Un percorrido atravesa as vellas rúas, descende por unha antiga vía romana que continúa por unha pontella sobre o río Fluvià, desde a que se pode contemplar a vista do acantilado e as casas no borde deste, vista dende a parte inferior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario