Se queres ver as fotos pincha aquí.
Se queres ver o vídeo pincha aquí.
Armação de Pêra é unha poboación situada no Algarve Portugués, dotada dunha longa praia cunha extensión de 6 km enmarcada polos dourados acantilados de pedra caliza.
É utilizada polos pescadores locais para preparar os seus apeiros de pesca e as súas barcas. Chama a atención ver aos tractores na praia tirando e empuxado aos barcos de pesca e tamén ás lanchas que levan aos visitantes a contemplar as grutas, situadas nos acantilados preto do lugar, debido a que non hai peirao no pobo.
Tamén se converteu, este areal, nun destino para o lecer das persoas que buscan o sol do Algarve.
Pescadores e bañistas nos mesmos espazos, toda unha experiencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario