O Instituto Antonio Machado, instalado nun edificio dos Xesuítas, o nome vén dado porque Antonio Machado foi profesor del, consérvase a aula onde deu aulas. Nesta cidade tamén casou con Leonor, o gran amor da súa vida.
O centro da cidade conserva unha serie de pazos renacentistas, entre outros: Pazo do Vizconde de Eza. Pazo de Don Diego Solier, de finais do S. XVI. Pazo dos Condes de Gómara. Pazo Vello dos Ríos e Salcedo, renacentista do XVI.
As rúas do centro da cidade, moitas peatonais, teñen unha gran actividade comercial e moitos locais de hostalería con moitas terrazas.
A praza Maior, presidida polo edificio do concello, antes Casa dos Linaxes, unha institución medieval que rexía os destinos do lugar. Na fachada exhibe o disco cos escudos das doce familias que integraban dita hirmandade.
A casa da Cidade é un centro cultural que ocupa a vella Audiencia. O seu reloxo, o vetusto tocahoras que cantou Machado, aínda segue marcando o ritmo vital dos sorianos.
Tamén podemos ver a torre de dona Urraca e a igrexa da nosa Señora a Maior, onde contraeron matrimonio Leonor Esquerdo e Antonio Machado.
Igrexa de San Xoan de Rabanera é de estilo románico, foi construída no século XII. Destacan a súa esveltez, a súa decoración exterior, e a porta principal, que é a que pertencía ás ruínas da Igrexa de San Nicolás. Foi declarado Ben de Interese Cultural en agosto, 1882. |
Alo, nas terras altas,
por onde traza o Douro
a súa curva de ballesta
en torno a Soria, entre chumbosos cerros
e manchas de rachados aciñeirais
o meu corazón está vagando, en soños...
Non ves, Leonor, os álamos do río
coas súas ramas tesas?
Mira o Moncaio azul e branco; dáme
a túa man e paseemos.
Por estes campos da terra miña,
bordeados de oliveirais cheas de pó,
vou camiñando só,
triste, canso, pensativo e vello.
Antonio Machado
Se queres ver o vídeo pincha aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario