O Castelo de Soutomaior domina o territorio enmarcado polo val do río Verdugo, dende a súa confluencia co Oitavén ata a súa desembocadura na enseada de San Simón, en Arcade. Situado no centro xeográfico do municipio do mesmo nome, dista uns seis kilómetros por carretera da costa. Esta posición a media altura domina e controla as terras do seu feudo e as comunicacións de sur a norte da provincia, tamén ofrece as ventaxas de atoparse agochado ante as invasións realizadas por mar (normandos, turcos, piratas, etc.) e dispon de abundancia de auga para desenrolar os seus propios cultivos e pastizais para a gandería. A construcción orixinal data do século XII, si ben será con Pedro Álvarez de Sotomayor, coñecido polo alcume de Pedro Madruga co que alcance o seu máximo esplendor xa que chegou a ser o epicentro da actividade política do sur de Galicia durante o século XV. Ao final da época feudal, e dado o entorno produtivo no que se sitúa, puido adaptarse fácilmente, incluso conservando os seus vellos muros defensivos, á nova producción agríco-gandeira de tipo pacego da nobreza galega arraigada no campo. Foi derruído durante a Revolución Irmandiña e Pedro Madruga intervirá moi directamente na súa reconstrucción.Preto do lugar onde se sitúa o Castelo de Soutomaior e en dirección ao oeste sitúase o Pico de Castro da Peneda, antigo castro, onde en 1477, o arzobispo de Santiago D. Alonso de Fonseca e Ulloa construíu o castelo de Castrizán para controlar ó de Soutomaior. Cando voltou do seu cautiverio en Castela, Pedro “Madruga,” conquistou e derribou o castelo de Castrizán. Na actualidade sitúase nese lugar a ermida da Virxen das Neves. O castelo pasou por distintas fases de construción. O cambio máis destacado foi no século XIX cando o marqués da Vega de Armijo realiza, en estilo neogótico, a "Galería de Damas". A súa sucesora é a súa sobriña, a marquesa de Ayerbe, que era coñecida como a "Marquesa Roja". Foi unha das precursoras do movimento feminista en España. O seu segundo esposo, o doctor Lluria, construíu un sanatorio nos seus arredores. Sen embargo, debido ás súas actividades políticas, converteron a Soutomaior nun centro sospeitoso de conspiracións políticas e perderon a propiedade no ano 1917. No 1982 o castelo pasou a mans da Diputación Provincial de Pontevedra. |
Se queres ver as fotos pincha aquí
Se queres ver o vídeo pincha aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario