Portela do Home é un porto de montaña da Serra do Gerês que forma parte da Raia, a estrema entre Galicia e Portugal.
Do lado portugués sitúase o concello de Terras de Bouro, do lado galego a parroquia de Río Caldo, do concello de Lobios. Tamén é o límite entre o Parque Natural de Baixa Limia - Serra do Xurés (Galiza) e do Parque Nacional de Peneda-Gerês (Portugal). Sitúase a 822 m de altitude. Recibe o nome do río Homem, portugués, que ten unha fervenza a 800 m da portela.
Este paso xa se usaba antigamente, por aquí pasaba a vía romana Vía Nova do Itinerario de Antonino, que unía Bracara Augusta con Astorga, desta vía consérvase varios miliarios.
Estes miliarios eran indicadores viarios de formas cilíndricas pertencentes á denominada Vía Nova ou Vía XVIII (século I d.C.), indicaban as distancias en millas.
O Parque do Geres destaca por posuír unha gran variedade de paisaxes; serras escarpadas outras de formas máis suaves, nas que o granito é o protagonista, pequenos ríos discorren entre rocas, en ocasións facendo cascadas e saltos de auga. Especial protagonismo teñen os espesos bosques cheos de vida.
A flora deste lugar é propia de climas de distintas rexións europeas, a eurosiberiana e a mediterránea isto supón unha gran variedade de vexetación, desta maneira comparten espazos os bosques caducifolios de carballos e bidueiros que alternan con outros de folla perenne, como os de sobreiras ou árbores do amorodo. Este nivel de riqueza biolóxica merece a protección de Zoa de Especial Protección dos Valores Naturais. Esta variedade de flora correspóndese cunha grande diversidade faunística.
Se queres ver as fotos pincha aquí
Se queres ver o vídeo pincha aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario