Este percorrido polo Río Sarela introdúcenos nunha zona de bosque e no que perdemos o contacto visual coa cidade, pese a estar moi preto, esta camiñada permite o descubrimento eo contacto directo coa natureza.
O camiño, ben conservado, transcorre paralelo ás augas do Río Sarela e permite comprobar a importancia histórica que tiveron as canles fluviais na nosa economía e no noso ocio: pontes, regos, canais, muíños, lavadoiros, fábricas de curtidos... Estas últimas tiveron un papel moi relevante no desenvolvemento económico da cidade desde mediados do século XIX ata a metade do XX, tal e como queda patente ao longo deste percorrido que comeza nunha destas construcións fabrís, a da Ponte Sarela, e remata na do Carme de Abaixo.
Ao longo do sendeiro pódense ver numerosas especies vexetais típicas das ribeiras galegas: carballos, ameneiros, bidueiros, salgueiros, loureiros, etc.
Na primavera tamén podemos escoitar os variados sons da fauna que habita estas paraxes.
Se queres ver as fotos pincha aquí
Se queres ver o vídeo pincha aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario