Os Andrade, Betanzos, Monfero. Galiza foi unha zona de duro feudalismo, uns dos seus representantes foron Os Andrade, a Nuño Freire de Andrade quedoulle o alcumo de "o mao", isto da idea de como foi a súa política.
Nuño foi administrador de xustiza implacable e sacoulle aos seus vasallos todos os impostos e rendas de que foi capaz.
Foi aliado das monarquías Casteláns coas que colaborou, por isto aumentou impostos e cargas ate que o fidalgo Roi Xordo pon de acordo a líderes das localidades do Señorío, e tamén a moitos campesiños, que por primeira vez participan nun levantamento conxunto de campesiños e vilegos.
Miles de persoas do territorio comprendido pola Coruña, Pontedeume, Villalba e Ferrol reúnense na irmandade, Irmandiña Funsquella, para desfacerse do seu Señor Nuño Freire. Uns dez mil vasallos, armados unha maioría deles só de paus e fouces, dedicáronse a destruír viñas, hortas e casas fortes dos Andrade. En Compostela foron derrotados polos exércitos da igrexa e o do propio Nuño.
Máis tarde outras irmandades seguirían o seu exemplo.
Se queres ver as fotos pincha aquí.
Se queres ver o vídeo pincha aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario