O nome de Praza das Praterías ven dos gremios medievais de prateir@s instalados nela. Data do ano 1078 ou 1103 e foi atacada durante os levantamentos populares contra o arcebispo Xelmírez, na segunda década do século XII.
Nesta Praza conviven estilos arquitectónicos moi diferentes: Barroco, Renacentista, Románico, está dividida en dúas alturas unidas por unha gran escalinata. Ascendendo atópase a fachada sur da catedral, coa única porta románica que se conserva ao exterior, ao seu lado a Torre, barroca, do Reloxo ou Berenguela. Cerrando a outra fronte está a Casa, barroca, do Cabildo que con só tres metros de fondo ten unha función pouco máis que ornamental, Na cara oeste da praza sitúase un dos muros do claustro da catedral, de estilo renacentista.
Esta praza foi un espazo cerimonial festivo e comercial, situado fronte á catedral era un punto obrigado de tránsito.
Na parte central sitúase a Fonte dás Praterías ou como actualmente tamén se coñece, Fonte dos Cabalos, en realidade son Hipocampos (medio cabalos medio seres mariños). Federico García Lorca inspirouse, en parte, nesta fonte para escribir o seu poema Danza dá lúa en Santiago onde o poeta chámaa a fonte do soño.
¿Quen fire potro de pedra
na mesma porta do sono?
Este era un lugar
sagrado, de xurisdición do Cabildo, no cal se refuxiaban os delincuentes e no que estaban prohibidas
as detencións pola xustiza civil.
Entrando na rúa do Vilar, encóntrase a Casa do Dean. Esta casa-pazo, barroca, do século XVIII, obra de Fernández Sarela, foi hospedaría dos bispos que visitaban a cidade.
PARA VER AS FOTOS PINCHA AQUÍ
PARA VER O VÍDEO PINCHA AQUÍ
Ningún comentario:
Publicar un comentario