Translate

06/11/16

Viaxe ao centro de Portugal






Viaxe ao centro de Portugal. Esta viaxe, moi ben guiada por Samuel Rodríguez, foi todo un redescubrimento dunha parte de Portugal que tiña un pouco desdebuxada no tempo. 

A Mata de Busaço, parque natural, enclave histórico, con varios centros de intereses: arquitectónico, natural (con variada fauna e flora) especialmente o val dos Fetos. No centro do parque sitúase un hotel de estilo Manuelino e un convento.

Durmimos en Leiria á beira do Castelo que preside esta poboación.

Ao día seguinte tocou visitar o mosteiro de de Batalha, mostra do Gótico Manuelino Portugues, labrado en pedra calcaria e con profusión de decoración moi elaborada.

A Gruta da Moeda mostrounos algúns dos segredos agochados no interior desta terra.

Un paseo polo paraxe da comarca móstranos un parque sensorial, que lle permite ás persoas con dificultades visuais gozar das sensacións táctiles. E tamén da contemplación de muíños de época, asi como da paisaxe da contorna. 

A cidade de Óvidos gardada pola súa muralla á que lle chegaba a auga por un acueduto, que aínda se atopa en bon estado, acóllenos entre lusco e fusco e invítanos a unha ginginha.

Ao día seguinte visitamos a tomba de Dona Ines de Castro situada no mosteiro de Alcobaça.

Máis tarde acercámonos a cidade de Tomar onde está situado o Convento do Santo Cristo, onde os estilos arquitectónicos románico e gótico dialogan en tempos e formas ben distintos.

Rematamos en Coimbra, cidade universitaria onde o río Mondego sobe de ton cando as augas baixan farturentas.       
 


Para ver as fotos pincha

Ningún comentario:

Publicar un comentario