Translate

12/11/16

Mata Nacional de Busaço



A Mata Nacional de Busaço é un parque natural que está situado na serra do mesmo nome, parroquia de Luso, rexión do centro de Portugal. Ten a súa orixe no Século VI, da man dunha comunidade de monxes Beneditinos.

No Século XVII pasa aos Carmelitas descalzos, estes constrúen o mosteiro en 1628. Tamén levantaron un muro ao seu redor  de case 6Km. e continuaron coa plantación de especies forestais exóticas, provenientes das colonias portuguesas.

Hoxe podemos contemplar máis de 700 especies, moitas delas propias de lugares moi afastados, e reunidas nun mesmo espazo.

Co apoio do Papa, estes monxes conseguen unha bula que prohibía a tala de árbores, un dos motivos polo que se conserva este conxunto arbóreo.

Os monxes, tamén, conseguiron outra bula do Papa que  prohibía a entrada ao recinto das mulleres, cando a Raíña Catalina quixo visitar este recinto tiveron que abrir unha nova porta na muralla para sortear a prohibición é por isto que unha das portas chámase á da Raíña.

Entre os espazos de moito interese destacan: o paseo de fetos(fentos) xigantes, varias fontes como a Fonte Fría onde habitan varias especies de anátidos no seu estanque e que está unida a unha escalinata moi espectacular. Destaca, tamén, na cima do parque un pazo do S XIX de estilo neomanuelino e un mosteiro. 

O parque está atravesado por múltiples sendeiros en algúns deles están situadas unhas pequenas ermidas que constitúen un viacrucis. En lugares afastados atópanse pequenos cenobios onde os monxes vivían en soidade. 

 

 Se queres ver as fotos pincha

Ningún comentario:

Publicar un comentario