Translate

24/03/16

Tapices de Rafael nos museos Vaticanos



Tapices de Rafael nos museos Vaticanos. Os tapices son o resultado de conxuntar: debuxo, cor, deseño, fío e técnicas de tecer. 

Unha parte dos tapices do Vaticano foron deseñados por Rafael antes de morrer (1520), que tamén deixou as indicacións precisas aos seus discípulos para a súa elaboración, esta tivo lugar entre os anos 1524 e 1531, en Bruxelas no taller de Pieter van Aelst, na época de Clemente VII (1523-1534).

Os tapices realizados pola Escola de Rafael, representan pasaxes da vida de Xesuscristo. Incorporan un gran efecto de perspectiva, realismo e unha gran riqueza de detalles e matices, tendo en conta a técnica utilizada.  




Se queres ver as fotos pincha encima



Ningún comentario:

Publicar un comentario