Translate

11/03/16

Catedral de Florencia, Santa María do Fiore




 Catedral de Florencia, Santa Maria do Fiore (da flor), foi construída sobre a antiga catedral de Santa Reparata. Obra mestra do gótico é a cuarta igrexa máis grande do mundo, logo de San Pedro en Roma, St. Paul en Londres e a catedral de Milán. A base da Basílica ten tres naves unidas a un enorme ciborio que soporta a cúpula de Brunelleschi: a máis grande que se construíu de ladrillo.
  

Empezou a construírse en 1296, coa dirección de Arnolfo dei Cambio. Trala morte deste, faise cargo o gremio da Arte da La, que tiña a responsabilidade de controlar as obras, contratou primeiro a Giotto, que se preocupou sobre todo da torre.

En 1420 empezouse a construír a Cúpula, símbolo da cidade, a cargo de Filippo Brunelleschi, primeiro arquitecto renacentista, para levar a cabo a construción tivo que enfrontarse a problemas artísticos e técnicos. Logo de anos de estudos, inventou un novo método de cachotería que lle permitía á cúpula autososterse durante a construción.


A cúpula terminouse en 1436 e foi consagrada polo papa Euxenio IV, aínda que a fachada estaba sen terminar. O revestimento actual, con decoracións de mármore polícromas, branco, verde e rosa, foi realizado por Emilio de Fabris a finais do século XIX.

O interior da igrexa, de austera decoración, dá unha gran sensación espacial. A parede interior de fachada está dominada polo gran reloxo litúrxico, vidreiras polícromas, e outros elementos decorativos.  

O interior da cúpula está está cuberto de frescos, Xuízo Universal. Giorgio Vasari foi o encargado dos traballos (1572-1579), trala morte deste continuaron os traballos Federico Zuccari e os seus colaboradores. 



VER AS FOTOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario