Translate

13/11/15

Piornedo Ancares

A localidade de Piornedo  está situada no centro da serra dos Ancares, este pequeno lugar, declarado Conxunto Histórico-Artístico, está a 1.300 m de altitude, preto da fronteira con León. Nesta poboación mestúranse construcións tradicionais, Pallozas,  con modelos de edificacións modernas.

As Pallozas considerase como a evolución das vivendas prerromanas, O Cebreiro e o Piornedo son as aldeas que mellor conservan as formas construtivas máis antigas de Galicia. A súa forma circular, o teito en forma de cono feito de palla de centeo, breixo ou piorno, seguramente os mesmos materiais que utilizaron nas construcións castrexas. A cuberta, de forma moi empinada, permite que a neve e a auga non se acumulen e poidan deteriorala. As paredes son de cachotería.

No interior destacan: as lareiras para facer lume e cociñar, un forno no que se cocía o pan e un dormitorio. Estas construcións carecían de chemineas, isto fai que o fume traspase a palla do teito, o que contribúe a secala e polo tanto a conservala mellor. 

Os animais gardábanse nunha estancia, encima da cal situaban o dormitorio das persoas, isto permitía aproveitar o calor que aportan estes, como na maioría das casas tradicionais. 


Actualmente en Piornedo hai catorce pallozas usadas como cortes ou como museos. Precisamente, a palloza-museo Casa do Sesto (habitada ata 1970) amósanos como se vivía daquela, nestas vivendas tan características, exemplo de aproveitamento de recursos .



Ningún comentario:

Publicar un comentario