Translate

07/11/15

Pico dos Tres Bispos, Ancares

O pico dos Tres Bispos está situado a 1795 metros de altitude. Di a tradición que aquí se reunían os bispos das dioceses de Lugo, Astorga e Oviedo. É un topónimo metafórico que indica o lugar de confluencia das dioceses citadas. 

Nestes paraxes, na primavera, reina o brezo, que cobre os Ancares cunha espectacular cor morada. Polas pedrizas é fácil ver o rebeco, cabra. 

Os Ancares son fronteira natural entre Galicia, León, e Asturias desde o alto dos seus picos pode verse Ponferrada e as Medulillas, na vertente leonesa, e as poboacións de Becerreá e A Fonsagrada, cara ao lado lucense. Ao norte, Asturias cos vales próximos de Ibias e Cangas do Narcea; e ao sur, O Cebreiro e os montes de O Courel. 

O percorrido que leva ao Tres Bispos é moi doado ate a base ou Campa da Braña, a partir deste lugar o percorrido faise por un carreiro estreito e bastante empinado, ao tempo que espectacular, claro que hai que compartilo coas vacas que pastan polo lugar e que, dende logo, teñen preferencia. 

Antes ou despois da subida merece a pena deterse e tomar un refrixerio no Albergue Dos Ancares, primeiro centro de turismo rural en Galicia e todo un símbolo para a zona.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario