Translate

02/10/15

Panteón de Agripa


O Panteón de Agripa, tamén coñecido como o Panteón de Roma, é unha das obras mestras da arquitectura da capital italiana. É o edificio mellor conservado da antiga Roma, está situado na Piazza della Rotonda. A construción do Panteón actual levouse a cabo en tempos de Adriano, no ano 126 d.C. O nome de Agripa vén dado porque o lugar no que está construído o edificio actual estaba anteriormente ocupado polo Panteón de Agripa, construído no ano 27 a.C., que quedou destruído debido a un incendio no ano 80 d.C.
A principios do século VII o edificio foi doado ao Papa Bonifacio IV e este transformouno nunha igrexa.
 O que máis sorprende da arquitectura do Panteón son as súas medidas: o edificio circular mide exactamente o mesmo de diámetro que de altura: 43,30 metros. A cúpula, co mesmo diámetro, é maior que a da Basílica de San Pedro. No centro da cúpula ábrese un óculo de 8,92 metros de diámetro, que permite que a luz natural ilumine todo o edificio. A fachada rectangular, que oculta a enorme cúpula, está composta por 16 columnas de granito de 14 metros de altura, sobre as cales pódese ver a inscripción "M.AGRIPPA.L.F.COS.TERTIVM.FECIT", que significa: Marco Agrippa, fillo de Lucio, cónsul por terceira vez, fíxoo". No interior do Panteón atópanse as tumbas de numerosos reis de Italia e multitude de obras de arte. O personaxe máis coñecido que se atopa enterrado no Panteón é sen dúbida o pintor e arquitecto renacentista Rafael. 
Os arredores do Panteón adoitan estar repletos de xente a calquera hora, tanto fotografando o edificio, tomando unha cea típica ou un refrixerio nalgunha das terrazas da Piazza da Rotonda, mentres gozan do espectáculo proporcionado por diferentes artistas que traballan na rúa.
Preto do monumento atópanse pazos, fontes de auga fresca, e vellas rúas de Roma. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario