Translate

04/02/23

Pals, Girona

 Pals posúe un casco histórico medieval onde destaca a torre románica construída entre os séculos XI e XIII, coñecida como a Torre das Horas.

Dentro do barrio gótico da vila hai rúas empedradas e arcos de medio punto, fachadas con fiestras apuntadas e balcóns de pedra.  

A muralla da cidade está formada por catro torres cadradas que datan do século IV.  

O miradoiro de Josep Pla (desde onde se contemplan os campos do Ampurdán e as illas Medas), a Praza Maior, os túmulos da rúa Maior e a igrexa de San Pere son outros dos puntos turísticos da cidade.  Tamén hai un Museo de Arqueoloxía.
















Ningún comentario:

Publicar un comentario