Translate

28/05/21

A baía da Concha (Kontxako badia)

Se queres ver as fotos pincha aquí

A baía da Concha (en éuscaro: Kontxako badia) é unha pequena baía situada na costa de Euskadi no mar Cantábrico, fronte á cidade de Donostia. Como indica o seu nome posúe forma de cuncha, e alberga dúas praias (Ondarreta e La Concha) e unha illa, a illa de Santa Clara.

A baía ocupa o espazo comprendido entre os montes Igeldo (oeste) e Urgull (este). 

Segundo estudos xeolóxicos, a primitiva baía abarcaba desde o monte Igeldo ata o monte Ulía, que pecha a praia de Zurriola polo leste, xa que o actual monte Urgull puido ser, con toda probabilidade, unha illa. Desta forma, a primitiva baía, cunha liña de praia de máis de 3000 metros de lonxitude, abarcaba as tres praias da cidade e dúas illas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario