Translate

18/09/20

Mesquita Azul, Istambul, Turquía



A Mesquita Azul comezou a construírse en 1609 e inaugurouse en 1617. O sultán Ahmed l foi quen ordenou a súa construción. 

Durante a construción da Mesquita Azul desatáronse dúas polémicas: Unha foi provocada polas características da súa construción xa que contaba con 6 minaretes e, ata esa época, a única mesquita con esa cantidade de minaretes era A Meca, polo que puido representar unha ofensa para algúns fieis. Esta tensión foi resolta cando se lle agregou un sétimo minarete a esta última.

Dada a irregularidade das fontes de recursos dos que se dispoñía, os materiais dos que está feita varían en calidade, aínda así é de destacar á súa beleza.

Desde o exterior da mesquita impresiona a dimensión da súa cúpula central de 23,5 metros de diámetro e 43 metros de altura no centro, e a composición harmónica que esta forma xunto coas cúpulas máis pequenas que se lle van superpoñendo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario