Se queres ver as fotos pincha aquí.
Se queres ver o vídeo pincha aquí.
O litoral do Algarve esténdese desde a súa fronteira con Andalucía en Monte Gordo até o punto máis a suroeste da Europa, en Vila do Bispo, na costa oeste.
Son cerca de 150 km de penedos de múltiples formas, por mor da erosión, praias, zonas húmidas marinas e grutas.
Ao longo da costa hai moitos lugares, entre outros, Benagil, Armação de Pera, Albufeira, Carvoeiro, Ferragudo e Portimão, e algúns tamén ofrecen caiaque; onde sumarse a unha viaxe en barco que fan o percorrido polas distintas grutas.
As grutas máis importantes son: Benagil, Elefante, Punta da Piedade, Xorino (De acordo coa lenda local, é aquí que os mouros se refuxiaron durante o período de Reconquista Cristiá), Arcos da Mariña, Benagil (a gruta máis famosa), Zorreira, Gruta do Capitán, Algar Seco e un longo etcétera de espazos interesantes e belos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario