Translate

13/05/18

Aves na praia de Sada, non ao recheo



Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí. 


A SGHN da Mariña, xunto con outras organizacións ecoloxistas, oponse ao recheo de area da praia de Sada. Estes son algúns dos argumentos que aportan.

"O aporte de area para crear unha praia de 70 m de anchura en zona seca mais outros tantos de zona somerxida vai eliminar toda esta pradería mariña Contrariamente á opinión de moitos cidadáns a zostera fixa os sedimentos en suspensión, clarifica a auga e descontamina as augas. Estes beneficios iranse notando segundo vaia evolucionando a pradería e aumenten as súas densidades.

Resulta curioso que a antiga Dirección Xeral de Conservación da Xunta de Galicia advirta da existencia de praderías de zostera na praia de Gandario e non fale nada do enorme zosteral que xa existía en Sada. A remediación en Gandario vai intentar non reencher con area nunha contorna de 25 m arredor destas zonas.

A area incorporada vai ser volta a cubrir por sedimentos finos en poucos anos, como xa pasou coa experiencia dos aportes de area de 1994. Será un gasto inútil de recursos públicos. A praia de Sada tende a acumular limos, xa que a circulación de correntes está moi impedida polo espigón do porto deportivo xunto cos propios aportes do río Maior.

En relación ao anterior resulta chocante que Demarcación de Costas de Galicia, nunha contestación ao concello de Sada no EsIA, recoñeza que este aporte posiblemente acabará recuberto de limos e polo tanto en teoría menos “agradable” para o baño en poucos anos.

No proxecto en ningún momento se fala de solucionar os graves problemas de contaminación da zona, sobre todo polos aportes do río Maior. Lembremos que neste río verte a depuradora do polígono industrial de Bergondo e tamén do Espiritu Santo-Sada. As augas da praia non teñen boa calidade para o baño e o proxecto non atalla o problema."

Ningún comentario:

Publicar un comentario