Translate

20/04/18

Vistas e Claustro da Catedral de Compostela

 

Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí.


O claustro está situado ao lado sur da Catedral, entre as prazas de Obradoiro e Platerias. Observado dende a praza do Obradoiro sitúase á dereita da fachada, contrastando coa verticalidade das torres. 

Hoxe alberga o Arquivo Catedralicio a Sala Capitular e a Biblioteca. Foi construído en época de Alonso de Fonseca, entre 1521 e 1614, no deseño participaron varios autores. Susbtitue a un claustro anterior do século XIII.

É a superposición de distintos estilos, gótico-renacentista, plateresco, barroco. Coróase cunha balaustrada calada con pináculos.

Como é habitual nos antigos claustros existen sepulturas de personaxes relacionados coa catedral. 

Nun ángulo do claustro atópanse as campás orixinais da torre Berenguela.

Dende o Obradoiro poden recoñecerse a Galería da Balconada, de Jácome Fernández en 1614, tamén  a torre da Vela e a fachada do Tesouro, que pecha un dos laterales da praza.

Na praza de platerias pode verse un lenzo con medallóns renacentistas e a outra torre deste claustro coñecida como torre do Tesouro, de posible influencia Colombina.

No centro do claustro atópase a Fonte das  Marabillas, fonte románica que é citada no propio Códice Calixtino e que estivo situada na praza da acibechería, entrada norte do templo, tamén chamada Porta do Paraíso. No códice dise que ata 15 peregrinos podían lavarse nela antes de entrar na Catedral de Santiago





Ningún comentario:

Publicar un comentario