O mosteiro de San Juan de Duero, Soria, é de estilo Románico, a súa construción data dos Séculos XII-XIII.
Pertencía á orde de San Juan de Jerusalén, atópase no camiño ao lugar onde discorre a lenda de Gustavo Adolfo Bécquer, O Monte das Ánimas.
O que máis destaca é o claustro, que conserva as catro coxías, cunha colección de estilos na sua execución, moi sorprendente.
Ao noroeste atópase os arcos de medio punto, típicamente románicos, que descansan sobre parellas de columnas.
Arcos de ferradura apuntados no tramo noreste. Nos tramos suroeste e sureste os arcos atópanse entrecruzados, a unión de ambos tramos únese con un arco dobre, tamén entrecruzado e sen columna.
A igrexa é sinxela, dunha soa nave e ábside semicircular, a nave péchase con bóveda de canón apuntado.
Destacan, no seu interior, os dous templetes encostados ao muro, no comezo da cabeceira.
Se queres ver as fotos pincha aquí
Se queres ver o vídeo pincha aquí.
Se queres ver as fotos pincha aquí
Se queres ver o vídeo pincha aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario