Esta andaina discorreu pola beira do río Lañas e un pequeno tramo á beira do regato de Beseño. o percorrido é sombrizo, adecuado para facer no verán, case na súa totalidade, á vexetación e a propia das nosas ribeiras, destacan as sobreiras, aínda con produción de cortiza, tamén ameneiros, castiñeiros de boa factura, carballos e até algunha froiteira espallada polo percorrido (figueiras, pexegueiros…). Nas zonas altas, mais aínda arredados do percorrido, tamén piñeiros e, como non, eucaliptos arrasando co territorio.
Pódense ver varios muíños, algúns deles con tellado de uralita, que agardamos sexa removida, destaca a conservación do Muíño da Carballa, no curso alto do río Lañas. O Salto das Pombas unha desas fermosas fervenzas, férvedas, pincheiras…, que temos no País dos Mil Ríos, está situada no lugar coñecido como Montes de Fao, unha aldea próxima, presenta unha caída de dez metros de altura.
Destacar, tamén, a presenza de unha rica fauna, das que destacan os revoos das bolboretas e o canto dos paxaros.
Para ver as fotos pincha aquí.
Para ver o vídeo pincha aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario