Translate

11/02/17

Partes da Cidade Vella de Barcelona



Partes da Cidade Vella de Barcelona: A Catedral da Santa Creu i Santa Eulàlia, tamén chamada Seu é a catedral gótica de Barcelona, sé do Arcebispado de Barcelona. Foi construída durante os séculos XIII a XV sobre a antiga catedral románica, esta á súa vez sobre unha igrexa da época visigoda á que precedeu unha basílica paleocristián, cuxos restos poden verse no subsolo, no Museo de Historia da Cidade. 

A fachada, no mesmo estilo, é moito máis moderna (século XIX). O edificio é Ben de Interese Cultural e, desde o 2 de novembro de 1929, Monumento Histórico-Artístico Nacional.
Na rúa de aceso á catedral destaca unha ponte cun balcón de inspiración gótica, neogótico de 1928. 


A Plaça de Sant Jaume. Hoxe é a sé do Ajuntament de Barcelona e do goberno da Generalitat de Catalunya. Foi o Fòrum ou centro público e político en época romana, medieval e segue aselo na actualidade.

O Palacio da Generalitat foi construído en estilo gótico, aínda que a fachada principal que dá á praza é de época renacentista, e foi proxectada polo mestre catalán Pere Blai.

Xusto en fronte sitúase o edificio, tamén gótico, aínda que con fachada neoclásica, do Ajuntament, (Concello) obra do século XIX de Josep Mais i Vila. 




Os arredores da Plaça de Sant Jaume están repletos de lugares de interese e  rúas que se estenden polo centro da cidade, entre as que destaca a Carrer do Bisbe, que une a Praza de San Jaime coa Catedral de Barcelona.

A Basílica Menor de Santa María do Mar, comezouse a construír en 1329, a poboación do barrio mariñeiro acorda que a obra sería costeada, ben co seu diñeiro ou ben co seu traballo, exclusivamente polos veciños da zona do porto e da Ribeira. Este feito está en clara contraposición á Catedral que por aquelas mesmas datas tamén se estaba construíndo e que estaba asociada á monarquía, á nobreza e ao alto clero. 

Os descargadores do peirao teñen unha mención especial na porta principal, chamados galafates da Ribeira ou bastaixos, os cales levaron a cabo as labores de traslado das pedras para a construción da igrexa.

A basílica de Santa María do Mar foi protagonista da novela de Ildefonso Falcones, A catedral do mar, e tamén aparece en outras obras literarias.

SE QUERES VER AS FOTOS PINCHA AQUÍ 


SE QUERES VER O VÍDEO PINCHA AQUÍ 

Ningún comentario:

Publicar un comentario